Un espectáculo cómico con Félix Rodríguez e Fran Rei que mestura música, maxia, humor, moito ritmo e a participación do público.
Saaabor!
LUN 22
19.30
Castelo de Abaixo
De balde
Saaabor! é unha proposta cómica de Félix Rodríguez e Fran Rei para todos os públicos dirixida por Avelino González.
Un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, moito ritmo e a participación do público; todo isto co mundo da gastronomía de pano de fondo. Félix Rodríguez e Fran Rei convértense durante unha hora en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen un gorentoso, equilibrado e afinado menú do día: unha comida moi musical para toda a familia.
O food truck de Saaabor! chega nesta ocasión a Castelo, un carro de xantar do que xorden infinidade de xogos cómicos, máxicos e unha chea de obxectos de cociña cos que facer música en directo.