Domingo 31 de agosto|14:30

A Romaría do San Ramón

A festa remata da mellor maneira, xuntándonos no Campo da Capela para desfrutar o día coa veciñanza e coa música na sesión vermú na polideportiva.

Tíckets

The numbers below include tickets for this event already in your cart. Clicking "Get Tickets" will allow you to edit any existing attendee information as well as change ticket quantities.
O xantar do San Ramón
Pulpo e larpeira (non inclúe bebida)
18,00
Ilimitado

Un ano mais, a xa icónica Romaría do San Ramón será o gran peche do Castelo Conta. Despois dunha semana de moita música, xuntanzas e sorrisos, a xornada do domingo está pensada para celebrar a festa de sempre en comunidade.

O día amencerá ao son dos gaiteiros, que erguerán a toda a parroquia coa tradicional alborada. Ao longo da mañá celebraranse as misas na Capela de San Ramón, para logo continuar coa ruta de coches clásicos que percorrerá as aldeas de Castelo e rematará na Polideportiva. Xa na sesión vermú, veciñanza e visitantes poderán desfrutar do xantar na polbada popular, amenizada pola Orquestra La Ocaband.

O peche do Castelo Conta é un día de xuntanza, para compartir cos veciños e lembrar todo o vivido ao longo da semana.

Axustes de cookies

As cookies son pequenos arquivos de texto que se gardan no teu navegador cando visitas páxinas web. Esta páxina web emprega cookies propias e de terceiros, que podes permitir ou bloquear nas seguintes pestanas.