12 DE AGOSTO|19:00
A eclipse en Castelo
No marco da programación adicional do Castelo Conta durante o mes de agosto, celebrarase unha actividade moi especial: a gran festa de visionado da eclipse, desde un punto inmellorable para desfrutalo.
O acceso estará organizado mediante a pulseira ‘Todo Castelo Conta’ e, con ela, os asistentes recibirán tamén unhas gafas especiais para vela sen mancar a vista, unha consumición o día da propia actividade e descontos nas barras durante todo o festival.
Ademáis, para rematar o día, os veciños e veciñas prepararán unha cea que amenizará o concerto de BÖJ en Folgueira, diante de Casa Rodríguez, a taberna de Castelo.

