O xantar do Castelo Conta é a mellor forma de coller forzas antes de comezar a andaina, a actividade estrela da xornada do sábado. Os veciños e veciñas da parroquia únense aos participantes na actividade nun gran xantar preparado polos voluntarios do festival.
O menú? Exquisito, cos mellores produtos…
- Empanada de Carral
- Fideuá de verduriñas e polo
- Caracolada
- Viño do país
Antes, durante e despois, a sesión vermú amenizada por un DJ de Mínimo Eventos, e café de pota, e chupiños de licor café, de tostada… A festa comeza ao mediodía no Castelo Conta, e por todo o alto.
Venderanse tickets na barra para aqueles que non participen na andaina, a un prezo de 8 euros.
O prezo do xantar coa andaina é de 20 euros, e inclúe camiseta, gorro, mochila, tres bebidas, e seguro de accidentes.