Para rematar a semana de actividades das cativas e cativos, o venres 23 terá lugar na polideportiva de Castelo unha sesión vermú moi especial. Marcos Pereiro e Federico Pérez, co seu dúo Os Tristes, acompañarán ás pequenas e pequenos sobre o escenario cantando os grandes éxitos que en cada festa fan bailar ao público.
As nenas e nenos, logo de ensaiar diferentes temas ao longo da semana, collerán o micrófono para facer gozar ao público asistente, que poderá gozar cuns petiscos na barra no pistoletazo de saída da fin de semana de festa.