Co rock&risa de Os Fillos do Estramonio rematará, na madrugada do sábado ao domingo, outra edición do Castelo Conta. O espectacular show de media ducia de descerebrados aos que lles gusta a música, o rock e o humor (e o churrasco), e non necesariamente nesa orde.
Coa entrada de balde, a partir das 2.00 da madrugada.