Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre chegan a Castelo para presentar Noró (Algunhas músicas do norte). É o seu traballo máis recente, logo do éxito de The tambourine man.
O norte é case un estado emocional para Xabier Díaz. Unha música sólida, ancestral que para Xabier, compositor e compilador de melodías e ritmos tradicionais, é case un estado de ánimo. Xunto á voz e a percusión as Adufeiras de Salitre, entre todos farán un retrato sonoro das paisaxes septentrionais: Mondariz, A Fonsagrada, Vimianzo, Manzaneda, A Mezquita ou Zas en Galicia, pero tamén León ou Zamora.
O concerto comezará ás 21.00 horas, e a entrada é de balde. Haberá bocadillos feitos no momento de chourizo e raxelas á grella en pan de Carral.
Ao remate a noite de música tradicional continuará co concerto do grupo carballés De Ninghures.