A churrascada do San Ramón é, desde hai décadas, todo un acontecemento. As veciñas e veciños de Castelo bótanse ao Campo da Festa para preparar unha carne saborosa, asada con coidado e dedicación, que acompañada do pan de Carral, un criollo e un vaso de viño é unha auténtica delicia.
Os participantes na andaina do Castelo Conta e os asistentes ao espectáculo de monólogos da noite poderán degustala dentro dos prezos das súas entradas, e calquera outra persoa interesada poderá facerse cun ticket (8 euros) para probar este gran manxar.