Nos vinte e un días de programación previos ao festival, Casa Rodríguez acolleu actividades que quenceron Castelo e prepararon á parroquia para a chegada da décima edición do Castelo Conta.
Todo o que pasou na taberna do Castelo Conta
Houbo concertos, contos e conversas sobre a toponimia das aldeas, así como encontros gastronómicos con viños, tomates e incluso chuletóns. Tamén se gravaron podcasts en directo (‘Velaí Vai’ e ‘Somos Vellenials’) e os máis pequenos desfrutaron de xogos e actividades de música e teatro.
A música e o baile tradicional non faltaron, con obradoiros de pandeireta e actuacións dos grupos Arnela e Ancoradoira, que achegaron ritmo e festa a cada recuncho da taberna. Un preludio completo que combinou cultura, veciñanza e celebración antes do inicio do festival.



























