No segundo día de festival, volveron os vermús e a música volveron á Taberna. Os miúdos recibiron unha visita moi especial grazas ás amigas de Finca Abrigosa.
No serán, a palabra foi a protagonista con Xosé Ramón Gayoso conducicindo uns contos nos que falamos de milagres, lendas e regueifa.
Sobre esta arte centenaria aprendimos e desfrutamos dela grazas a Manolo Maseda, Lupe Blanco e Josiño da Teixeira.
Rematamos o día coa música de Tiruleque e con Eris Mackenzie, quen fixo dobrete neste martes festeiro.
