Así comezou o Castelo Conta

Este luns comezou unha nova edición do Castelo Conta. Arrincamos coa Xente Miúda, estreamos a Taberna do Castelo Conta cos vermús, volveron os contos e tivemos sesión de cine con ‘+Cuñados’ e música con Lamatumbá.

A Xente Miúda comezou cunha visita a Castelo Studio, un estudio artístico aberto a artistas de todo o mundo.
Alí, Iria do Castelo traballa en diversas disciplinas artísticas coa sostibilidade e a natureza como base do seu proxecto.
A cativada demostrou as súas habilidades artísticas, deixando pezas como estas.
Tamén interviron as súas mochilas para personalizadas ao seu gusto.
Despois regresaron ao Campo da Capela para aprender a realizar videoclips con Javi Sega.
Os miúdos e miúdas tamén foron os protagonistas da súa propia coreografía.
Casa Rodríguez reabriu as súas portas para aloxar a Taberna do Castelo Conta.
Jorge Trigo de A Espiga, foi o chef encargado do petisco do luns.
O petisco do día foi a croqueta melosa e afumada.
Na taberna tamén se pode adquirir produtos de proximidade e o merchandising do Castelo Conta.
O ambiente no primeiro día foi espectacular, ata acmpoñaou o sol logo duns días de nubes e chuvia.
Alana puxeron a música neste gran día de estrea.
E armouse o baile!
Federico Pérez e Miguel de Lira foron os encargados de conducir os Contos de Castelo, con eles falamos de cine, de libros e de trasnadas variadas.
A Eira de López quedou pequena para escoitar a estes dous grandes da nosa comedia.
E con estes presentadores, non podía faltar a risa.
Tamén nos acompañou Carlos Lorenzo, quen presentou ‘Cardoña, fotos a 7 pesetas’. Recuperamos con el as lembranzas deste fotógrafo de Carral.
Tamén nos acompañou Ana Moreiras, quen nos falou de cómic, de historias recollidas e tamén fixo un debuxo do que aconteceu hoxe.
Os protagonistas de ‘+Cuñados’, Xosé A. Touriñán, Federico Pérez e Miguel de Lira, presentaron a película para o público da Eira de López.
Luis Avilés, director da película, comentou co público o traballo feito nesta comedia galega con denomición de orixe.
Lamatumbá foron os encargados de pechar a noite, contaxiando a súa enerxía ao público da Eira de López.
Os asistentes non querían marchar, había gana de máis festa. Mañá seguimos!

Fotos: Aigi Boga

X