A verbena do Castelo Conta

O venres da festa sempre foi un día grande en Castelo! Un día para bailar, para tomar algo cos amigos… En definitiva, para pasalo ben. Polo San Ramón deste ano, e dentro da programación do Castelo Conta, haberá verbena, e haberá orquestra. Será dun xeito moi especial…

Touriñán, Marcos Pereiro, Federico Pérez, Pepo Suevos, Oswaldo Digón, Gari, Marita Martínez, Carlos Blanco e Lucía Veiga subirán ao escenario para participar nun concurso inédito: A túa cara parece que me quere soar. O público será o encargado de avaliar as súas actuacións, que estamos seguros, darán moito, moito que falar.

Todo cunha orquestra de dez músicos, exclusiva para o Castelo Conta, que logo do concurso dará continuidade á festa, se cadra coas voces destes artistas, se cadra con outras!

Haberá bocatas de chourizo e raxelas á grella en pan de Carral, e a entrada será de balde, a partir das 23.00 horas.

Máis Info
LUGAR Polideportiva de Castelo
DÍA Venres 23 de agosto
HORARIO 23.00 horas
SERVIZOS Barra de bebida e bocatas de chourizo á grella en pan de Carral
PREZO De balde