Sesión vermú con Os Tristes e Os Miúdos

Para rematar a semana de actividades das cativas e cativos, o venres 23 terá lugar na polideportiva de Castelo unha sesión vermú moi especial. Marcos Pereiro e Federico Pérez, co seu dúo Os Tristes, acompañarán ás pequenas e pequenos sobre o escenario cantando os grandes éxitos que en cada festa fan bailar ao público.

As nenas e nenos, logo de ensaiar diferentes temas ao longo da semana, collerán o micrófono para facer gozar ao público asistente, que poderá gozar cuns petiscos na barra no pistoletazo de saída da fin de semana de festa.

Máis Info
LUGAR Polideportiva de Castelo
DÍA Venres 23 de agosto
HORARIO 14.00 horas
SERVIZOS Barra de bebida e petiscos
PREZO De balde