Os seráns do Castelo Conta

Cada tarde do Castelo Conta, as aldeas de Castelo acollen unha actuación de teatro, música ou comedia. Trátase de que a festa chegue a todos os lugares e en todos os momentos. É a mellor forma de rematar un intenso día de actividades.

Música, comedia, teatro… A cultura chega a todos os rincóns de Castelo pola festa. Cos seráns do Castelo Conta as tardes de luns, martes e mércores rematan cunha actuación, cada día nunha aldea, á que asisten as veciñas e os veciños de toda a parroquia.

  • O luns 19 a eira de López, en Castelo de Abaixo, acollerá a actuación de Oswaldo Digón, Federico Pérez e Marcos Pereiro co espectáculo ‘Coleccionistas, a arte feita comedia’, unha subasta improvisada de diferentes obxectos da xente de Castelo. Será sobre as 20.30 horas.
  • O martes 20, na Aldea de Arriba, en Vilaverde, Sito Sedes, acompañado polo pianista Carlos Manteiga, poñerá voz aos grandes éxitos da verbena de antes, nunha actuación moi agardada. Ás 20.30 horas.
  • O mércores 21, no Campo da Capela, en Folgueira, terán lugar os concertos de Pablo Díaz Trío, co seu espectáculo Coas miñas mans, e a mostra de monicreques de Mircromina Teatro. Ás 20.00 horas.
Máis Info
LUGAR Cada día, nunha aldea de Castelo
HORARIO De luns a mércores, ás 20.30 horas
SERVIZOS Bochinche móbil do Castelo Conta
PREZO De balde