Os monólogos do Castelo Conta

É o momento máis agardado por todos. Aquel no que suben a un mesmo escenario os mellores cómicos do país: Carlos Blanco, Marcos Pereiro, Gari, Marita Martínez e Lucía Veiga, Oswaldo Digón e David Amor. Un espectáculo único, irrepetible. En ningún outro lugar de Galicia é posible asistir a un espectáculo cun cartel así.

A Galifunk Brass pon a música en directo dunha gala de máis de dúas horas conducida por Xosé Antonio Touriñán, e na que nunca faltan decenas de sorpresas.

As entradas individuais do espectáculo están esgotadas. É posible adquirilas conxuntamente nun bono que inclúe a cea.

Máis Info
LUGAR Polideportiva de Castelo
DÍA Sábado 24 de agosto
HORARIO 23.00 horas
PREZO 20 € (inclúe cea)