Contos de Castelo

Os Contos de Castelo son xuntanzas das e dos maiores da parroquia nas tardes do Castelo Conta. Teñen por obxectivo poñer en común sabedoría e lembranzas, pero tamén facer posible un momento de encontro polas festas, só para falar.

Tone Martínez, da compañía Galeatro, é o encargado de conducir as conversas, que cada día tratan dun tema diferente e se desenvolven nun lugar distinto. Ademais, en ocasións algúns convidados, expertos en diferentes materias, únense ás conversas para achegar o seu coñecemento e enriquecer as reunións.

  • O luns 19, na eira de López, en Castelo de Abaixo, falarase dos obxectos de antes, coa presenza do científico Xurxo Mariño.
  • O martes 20, na Aldea de Arriba, en Vilaverde, falarase das festas, coa presenza de Sito Sedes.
  • O mércores 21, no Campo da Capela, en Folgueira, falarase da infancia.
  • O xoves 22, na eira de Santiago, en Xian, falarase da música tradicional.
  • O venres 23 os veciños e veciñas de Castelo xuntaranse no alpendre de José María, en Xalo, para ver algunhas fotos antigas e comentalas xuntos.

Cada día publicarase na web do Castelo Conta o podcast destes encontros.

Máis Info
LUGAR Cada día, nunha aldea de Castelo
HORARIO De luns a venres de 17.00 a 20.00 horas
SERVIZOS Bochinche móbil do Castelo Conta
PREZO De balde