Concerto de Os Fillos do Estramonio

Co rock&risa de Os Fillos do Estramonio rematará, na madrugada do sábado ao domingo, outra edición do Castelo Conta. O espectacular show de media ducia de descerebrados aos que lles gusta a música, o rock e o humor (e o churrasco), e non necesariamente nesa orde.

Coa entrada de balde, a partir das 2.00 da madrugada.

Máis Info
LUGAR Polideportiva de Castelo
DÍA Sábado 24 de agosto
HORARIO 02.00 horas
PREZO De balde