A churrascada da festa

A churrascada do San Ramón é, desde hai décadas, todo un acontecemento. As veciñas e veciños de Castelo bótanse ao Campo da Festa para preparar unha carne saborosa, asada con coidado e dedicación, que acompañada do pan de Carral, un criollo e un vaso de viño é unha auténtica delicia.

Os participantes na andaina do Castelo Conta e os asistentes ao espectáculo de monólogos da noite poderán degustala dentro dos prezos das súas entradas, e calquera outra persoa interesada poderá facerse cun ticket (8 euros) para probar este gran manxar.

Máis Info
LUGAR Campo da Festa
DÍA Sábado 24 de agosto
HORARIO Desde as 20.00 horas
PREZO 8 euros (inclúe churrasco, chourizo, pan e viño do país)