A andaina do Castelo Conta

A andaina é a actividade estrela da semana do Castelo Conta, o momento máis agardado por todos os participantes. Acompañados por un particular comando de Protección Civil capitaneado por Marcos Pereiro, os camiñantes percorren as aldeas de Castelo nun percorrido duns sete quilómetros con diferentes paradas.

Xian, Vilaverde, Castelo de Abaixo, Donepedre, Xalo, Folgueira… e de volta á polideportiva de Castelo. O bochinche móbil do Castelo Conta acompaña aos sendeiristas cun grifo de cervexa sempre frío, e a música é cousa dun grupo de gaiteiros e de Os Charangos.

Na edición deste ano, as paradas para as contadas a cargo de Celso Sanmartín e Avelino González serán catro…

  • Na leira de Angelito, en Vilaverde
  • Na eira de Reboredo, en Donepedre
  • Na eira do Ferrador, en Xalo
  • No Campo da Capela, en Folgueira

O prezo da andaina (que inclúe o xantar do mediodía), é de 20 euros, e inclúe camiseta, gorro, mochila, tres bebidas, e seguro de accidentes.

Máis Info
LUGAR Polas aldeas de Castelo
DÍA Sábado 24 de agosto
HORARIO Desde as 16.00 horas
PREZO 20 euros (inclúe xantar, camiseta, gorro, mochila, tres bebidas e seguro de accidentes)