Esgotadas as prazas para ‘Xente miúda do Castelo Conta!’

A actividade dirixida a rapazas e rapaces de entre seis e doce anos cubriu este venres todas as prazas dispoñibles, un día antes da data límite para as inscricións. Ata vintecinco nenos participarán en diferentes dinámicas relacionadas co teatro musical ou a construcción de decorados desde o luns.

O Castelo Conta iniciarase este luns con ‘Xente miúda do Castelo Conta!’, o campamento matinal do que gozarán vintecinco nenos e nenas ata o venres, con actividades relacionadas co teatro musical e a construcción de decorados con materiais da natureza, ademais de rutas de sendeirismo ou unha excursión á fábrica de Deleite, o patrocinador do evento.

A actividade chegou de xeito anticipado ao límite de prazas dispoñibles un día antes do remate do prazo de inscricións. A sensacional acollida que tivo a iniciativa fai que o festival comece a súa programación o luns cun rotundo éxito de participación.

A actriz Sara Fandiño, ou os escenógrafos Noela Gutiérrez ou Suso Montero serán algúns dos profesionais que asumirán a coordinación da actividade durante toda a semana.

Outras noticias