Coñece a programación completa do Castelo Conta!

Seis días nos que unha aldea de douscentos habitantes será a capital da comedia, a tradición oral e a cultura rural no noso país. Isto é o Castelo Conta, e isto é todo o que temos preparado do luns 20 ao sábado 25 de agosto.

Luns 20 de agosto
  • 10.00 a 14.00 / Polideportiva | Xente miúda do Castelo Conta! 
    Obradoiro de teatro musical con Sara Fandiño e de construcción de escenografías con Noela Gutiérrez. Para nenos e nenas de 6 a 12 anos. Inscrición previa.
  • 17.30 a 20.00 / Casa de Fero (Xalo) | Contos de Castelo
    Os maiores de Castelo lembran contos e historias de toda unha vida para axudarnos a recuperar o patrimonio inmaterial da oralidade.
Martes 21 de agosto
  • 10.00 a 14.00 / Monte Xalo | Xente miúda do Castelo Conta! 
    Ruta de sendeirismo teatralizada polo Monte Xalo. Para nenos e nenas de 6 a 12 anos. Inscrición previa.
  • 17.30 a 20.00 / Campo da Capela de San Ramón (Folgueira) | Contos de Castelo
    Os maiores de Castelo lembran contos e historias de toda unha vida para axudarnos a recuperar o patrimonio inmaterial da oralidade.
  • 20.00 / Praza (Folgueira) | Serán con Xacarandaina
    Danza.
Mércores 22 de agosto
  • 10.00 a 14.00 / Polideportiva de Castelo | Xente miúda do Castelo Conta! 
    Excursión á fábrica de Deleite. Para nenos e nenas de 6 a 12 anos. Inscrición previa.
  • 17.30 a 20.00 / Casa de Lópes (Castelo de Abaixo) | Contos de Castelo
    Os maiores de Castelo lembran contos e historias de toda unha vida para axudarnos a recuperar o patrimonio inmaterial da oralidade.
  • 20.00 / Casa de Lópes (Castelo de Abaixo) | Serán con Elefante Elegante
    Teatro infantil.
Xoves 23 de agosto
  • 10.00 a 14.00 / Polideportiva de Castelo | Xente miúda do Castelo Conta! 
    Obradoiro de teatro musical con Sara Fandiño e de construcción de escenografías con Noela Gutiérrez. Para nenos e nenas de 6 a 12 anos. Inscrición previa.
  • 17.30 a 20.00 / Casa de Carmiña de Touriñán (Vilaverde) | Contos de Castelo
    Os maiores de Castelo lembran contos e historias de toda unha vida para axudarnos a recuperar o patrimonio inmaterial da oralidade.
  • 20.00 / Casa de Carmiña de Touriñán (Vilaverde) | Serán con Xabier Díaz
    Música
Venres 24 de agosto
  • 12.00 / Polideportiva de Castelo | A mostra dos miúdos
    Os participantes nas actividades de ‘Xente miúda do Castelo Conta!’ amosa ao público todo o aprendido durante a semana.
  • 13.00 / Polideportiva de Castelo | Encontro interxeracional
    Pequenos e maiores xúntanse para poñer en común todo o aprendido, e o que queda por aprender!
  • 14.00 / Polideportiva de Castelo | Micro sesión vermú con Voodoo
    Música
  • 22.30 / Carpa do Campo da Festa | Somos Criminais
    Humor. Con Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán. Entrada: 12 / 15 €
  • 01.30 / Polideportiva de Castelo | Os Revenidos
    Música.
Sábado 25 de agosto
  • 13.30 / Polideportiva de Castelo | Benvida á andaina e xantar
    Recibimos aos participantes na andaina e collemos forzas cun gran xantar na polideportiva (polo á brasa e mexillóns da Arousa).
  • 15.30 | Andaina
    Polas aldeas de Castelo. Coas contadas de Quico Cadaval e Celso Sanmartín.
  • 20.30 / Polideportiva| Churrascada
  • 23.00 / Carpa do Campo da Festa | Espectáculo de monólogos
    Con Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, David Amor, Pepo Suevos, Eva Iglesias, Oswaldo Digón e David Perdomo. Entrada: 18 €
  • 01.30 / Carpa do Campo da Festa | Mekánika Rolling Band
    Música
Outras noticias