Home

GRAZAS… E ATA 2018!

O Castelo Conta


O Castelo Conta é unha andaina polas seis aldeas de Castelo, a parroquia de Culleredo na que naceu e vive Xosé Antonio Touriñán. Unha andaina especial, na que participarán os mellores cómicos do noso país, acompañando aos camiñantes, contando contos e historias en improvisados escenarios no medio da ruta. Non faltará a música polo camiño. Á noite, e logo dunha saborosa cea para repoñer forzas, a xornada rematará cun exclusivo espectáculo de monólogos e dous concertos ata ben entrada a madrugada.


Contadores


Os grandes talentos do humor en Galicia estarán o 26 de agosto en Castelo compartindo unha xornada moi especial.



Noticias


Esgotadas as entradas para a andaina e a cea do Castelo Conta
Esgotadas as entradas para a andaina e a cea do Castelo Conta

Desde este xoves só será posible adquirir entradas para o espectáculo de monólogos. Ao redor de 500 persoas participarán na andaina, e máis de 800 gozarán da cea na polideportiva de Castelo antes da actuación de Touriñán, Carmen Méndez, David Amor, Marcos Pereiro, Federico Pérez, Oswaldo Digón e Pepo Suevos.

Os pementos da Arnoia chegan a Castelo
Os pementos da Arnoia chegan a Castelo

A colaboración do Concello da Arnoia permitirá aos participantes e asistentes no Castelo Conta degustar un auténtico manxar das hortas desta localidade do Ribeiro, que a primeiros de agosto celebrou a festa deste produto, regulado polo selo de Indicación Xeográfica Protexida.

Pepo Suevos: "Touriñán é o mellor cómico de Galicia"
Pepo Suevos: "Touriñán é o mellor cómico de Galicia"

Para Pepo Suevos (Ferrol, 1971) o de subir a un escenario equivale ao que para o resto do mundo supón calquera tarefa de todos os días. É un dos monologuistas con máis contadas ás súas costas, e ata se atreveu, cando cumpriu dez anos actuando, cun espectáculo de dez horas consecutivas.